martes, 5 de abril de 2016

Ruta Colexio - Castelo da Lúa



Tarefa: Realizar unha saída didáctica dende o colexio a pé ata o Castelo da Lúa situado a 1.5 km do centro para os alumnos da aula de 5 a 6 anos. 

Obxectivo: Fomentar a actividade física e coñecer as ruínas do Castelo traballando o ámbito histórico que abrangue o castelo e as características propias da contorna. 

Contido: Achegamento ás ruínas do Castelo da Lúa. 

Metodoloxía: Unha vez chegado ao castelo contarémoslle aos rapaces un breve resumo da historia deste. 
(O castelo foi erixido, no século XIII, por Pai Gómez Chariño, pasando máis tarde a formar parte do patrimonio da Orde do Temple e despois do da Mitra Compostelana. Derrubado polos Irmandiños ó redor do ano 1465 e reedificado novamente por Sueiro Gomes de Soutomaior, bisneto do anterior.
As novas conservadas sinalan o ano 1480 como o ano no que foi novamente derrubado polo gobernador real Fernando de Acuña. Dende entón ata 1532 as ruínas do castelo foron empregadas como cárcere, ata que nese ano a súa xurisdición pasa ao arcebispo Alonso II de Fonseca, novo señor da zona.
Quedando a fortaleza arruinada no ano 1600 as ruínas foron espoliadas para realizar no ano 1740 o campanario da Igrexa de Santa Comba de Rianxo, así como distintas construcións na comarca e arredores.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario