martes, 12 de abril de 2016

Reflexión personal sobre la utilidad de los blogs






Consideramos que a utilización de blogs na aula de educación infantil pode ser moi enriquecedora, non só a nivel de utilidade do propio centro e dos seus alumnos senón tamén á hora de relacionarse co entorno social no que este se sitúa.


Internamente os alumnos poden compartir os seus aprendizaxes a través deste medio, aprender doutros bolgs de compañeiros ou alleos a eles.... así como tamén adquiren destrezas na utilización das novas tecnoloxías e toman conciencia das vantaxes e riscos que a rede nos aporta. A comunicación a través destes medios é o futuro e por tanto consideramos que é de grande utilidade que os cativos aprendan canto antes a sacar o mellor partido disto.


No tocante á comunicación co medio social que rodea á escola, consideramos que, segundo se avoga na pedagoxía das escolas de Reggio Emilia, é primordial que a escola comunique e mostre o seu traballo á sociedade que a rodea, e non sexa algo exclusivo de escola e pais. A través da utilización dun blog todo aquel que queira poderá contemplar o traballo realizado no centro e deste modo facer que o ámbito educativo non quede pechado en catro paredes, senón que se estenda, abríndose así a numerosas e ricas oportunidades de interacción e cooperación, algo que consideramos primordial nunha educación de calidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario